inicio dos contidos
Novas
22-01-2007 A Fundación Inladi pon en marcha Proxecto PROXAFO
O Proxecto PROXAFO ten como obxetivo o fomento da contratación de persoas con discapacidade por parte da empresa ordinaria
A Fundación Inladi inicia o Proxecto Proxafo para concenciar e mediar na inserción sociolaboral de persoas con discapacidade.
Dita Fundación, en colaboración coa Xunta de Galicia constituiu un equipo multidisciplinar, composto por unha orientadora laboral, unha asesora empresarial e unha traballadora social, que serán as encargadas de levar a cabo o proxecto no transcurso do 2007.
O Proxecto Proxafo vai encamiñado a intentar mellorar a situación laboral das persoas con discapacidade na Coruña e arredores. Intenta dar resposta, en parte, a un dos hándicaps máis importantes na inserción laboral, como é a concienciación das empresas no que se refire á integración no mercado laboral deste colectivo.
O proxecto basease no Real decreto 27/2000 de 14 de xaneiro e na orden do 24 de xuño 2000,que regula as obrigas das empresas en torno a contratación de persoas con discapacidade.
Voltar