[9]Ir a contenidos

Fundación INLADI

galego español
inicio dos contidos

Novas

08-01-2007 Primeiros días de vida da Lei de Dependencia

A Lei de Dependencia comeza o seu curso, ainda que a súa aplicación vai ser lenta

Anque foi o pasado 2 de xaneiro cando entrou en vigor oficialmente a esperada Lei de Dependencia, haberá que esperar un tempo ata que se poña a rodar a engranaxe desta norma. Para iso, ó longo deste mes está prevista a constitución do Consello Territorial da Dependencia do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD), formado polo Goberno, as comunidades autónomas e entidades locais, que deberá facer un baremo a través do cal se avariará a todos os cidadáns para determinar o seu grao e nivel de dependencia. O prazo máximo que se fixou é de tres meses. Non será o único que se terá que concretar, xa que en este tempo tamén se teñen que acordar os servicios ós que se terá dereito en función do grao de dependencia, a contía de prestacións económicas, a aportación dos beneficiarios ao financiamento dos servicios e un plan especial para os menores de tres anos.

Para levar a cabo este traballo, o ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, xa anunciou que o día 11 de xaneiro reunirase cos representantes das comunidades autónomas para perfilar detalles técnicos e o 22 de este mes se constituirá o Consello Territorial.


Unha vez elaborados os regulamentos antes de que acabe marzo, os primeiros usuarios poderán acollerse ás axudas públicas á dependencia. O que se espera é que a partires do un de abril as comunidades autónomas podan empezar a avariar ás persoas en situación de dependencia.

O calendario configurouse da seguinte maneira. En abril deste ano comezará a atención ós grandes dependentes. Trátase de persoas que necesitan axuda para realizar diferentes actividades básicas da vida diaria varias veces ó día e que se caracterizan pola súa perda total de autonomía mental o física, necesitando do apoio indispensable doutra persoa.


Pola súa parte, o próximo ano chegará a atención ós dependentes severos, é dicir, os que necesitan axuda para realizar actividades básicas da vida diaria dous ou tres veces ó día, pero non requiren o apoio permanente dun coidador. Primeiro atenderase o nivel 2; en 2009 ós dependentes severos nivel 1; en 2011ós dependentes moderados, é dicir, os que necesitan axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria ao menos unha vez ó día. Tamén se comezará polo nivel 2; en 2013 ós moderados nivel 1. Mentres, no ano 2015 finalizará o período de implantación de este sistema, alcanzando a todo aquel que teña algún grao de dependencia.

Para conseguir estas axudas, unha vez que se aprobe o baremo, todo aquel que o desexe pode solicitar unha avariación nos servizos sociais da súa comunidade autónoma para que poda ser determinado o seu grao de dependencia. Posteriormente, cada persoa recibirá unha acreditación na que se detallará o seu grao e nivel de dependencia, que terá validez en todo o país.

Por outro lado, estímase que cando en 2015 entre en vigor plenamente a Lei de Dependencia, teranse creados 5.600 postos de traballo novos, que se sumarán ós 1.883 actuais que se dedican o coidado destas persoas.

Voltar

Buscador

Se o desexa, pode utilizar o seguinte buscador para refinar a súa procura.

Ver calendario
Ver calendario

Fundación INLADI | Historiador Vedia, 23 baixo |15004 A Coruña | Tlf.: 981 269 433 Fax.: 981 928 510 | fundacioninladi@mundo-r.com | mapa web | aviso legal