inicio dos contidos
Novas
23-06-2010 Percorrido de interese a Inditex
A Fundación INLADI, dentro da súa programación "Lecer para tod@s", dirixida a persoas con mobilidade reducida, participa nunha visita guiada a Inditex.
Consta dun percorrido polo edificio de deseño, patronaje e escaparatismo, no cal poderemos ver unha tenda piloto, para finalizar visitaremos o centro loxístico e veremos o funcionamento dos carruseis, todo terá lugar o venres 25 de Xuño, ás 10:30 horas.
A Fundación INLADI porá a disposición das persoas con discapacidade transporte adaptado -as prazas serán limitadas-. Todas aquelas persoas que estivesen interesadas poderán obter máis información chamando á Fundación INLADI ao número 881 872 065.
Voltar