A Fundación INLADI, dentro da súa programación "Lecer para tod@s", dirixida a persoas con mobilidade reducida, participa no Tour Europeo navegando pola Ría da Coruña no catamarán francés, denominado como Proxecto Windincap.
Terá lugar o xoves 13 de maio, ás 11:20 horas, no Real Club Náutico (edificio social). Trátase dun catamarán francés de 15 metros de eslora totalmente adaptado que está realizando un Tour por toda Europa co fin de concienciar sobre a accesibilidade no medio mariño. A actividade proposta é de dúas horas de navegación onde se organizou un taller e actividades para mover o corpo. Ás 19:00 será o peche do proxecto cunha celebración e farase entrega de certificados a todos os participantes, onde asistirán a tripulación e diferentes autoridades locais.
Se o desexa, pode utilizar o seguinte buscador para refinar a súa procura.