[9]Ir a contenidos

Fundación INLADI

galego español
inicio dos contidos

Novas

01-12-2006 O Congreso aproba a Lei de Dependencia

O pleno do Congreso aprobou onte a Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia O pleno do Congreso aprobou onte por unha amplia maioría o proxecto de lei de Dependencia -co rechazo de CiU, EA e PNV e a abstención de Nafarroa Bai-,

A Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, aprobada onte de maneira definitiva, marca un “hito histórico” e cimenta un “novo pilar” da cohesión social española, o cuarto xunto co sistema de pensións e a sanidade e educación públicas, asegurou o xefe do Executivo. O proxecto, en viaxe de volta dende o Senado, contou cun respaldo abrumador que soamente quebraron os nacionalistas por entender que vulnera competencias autonómicas.

A lei aluma o novo Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia e converte en responsabilidade das administracións públicas o que hoxe é unha cruz coa que cargan en privado os dependentes –en torno a 1,2 millóns de anciáns ou un número non precisado de discapacitados físicos ou psíquicos...– e as súas familias. Os servicios de axuda, as residencias, atención domiciliaria, centros de día, coidadores, etc., non se implantarán de inmediato, senón ó longo de oito anos, do 2007 o 2015.


O texto finalmente volve a ter en conta o patrimonio do usuario para determinar a súa aportación o pago dos servicios e prestacións, e non soamente a renda, como defendían PP e CiU.
O contrario non sería “xusto nin solidario”, alegou o ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera. Tampouco realista, dada a envergadura do proxecto, cuxo custe anual, unha vez que esté a pleno rendimento a partires do 2015, equivalerá a un 1 % do PIB –uns 9.500 millóns de euros–. A aportación do usuario será “pequena” en todo caso, dixo o ministro, en torno ó 30 % de media. Haberá un mínimo exento e ninguén quedará fora por falta de medios económicos.

En vez do ministro de Asuntos Sociais, Jesús Caldera, Zapatero tomou a palabra no hemiciclo para defender a lei, que atenderá a mais dun millón de persoas en situación de dependencia, sobre todo maiores e discapacitados. "É un proxecto grande, ambicioso, cheo de compromiso no seu significado político e social", asegurou o xefe do Goberno.

A lei entrará en vigor o 2 de xaneiro do 2007. Ó longo do próximo ano, os primeiros beneficiarios serán os 200.000 grandes dependentes, aqueles que pola súa pérdida total de autonomía física ou psíquica requiren da presencia constante dun coidador. En anos seguintes iranse incorporando os demáis grupos, de máis a menos graves.

O Sistema de Atención á Dependencia incluirá entre os seus beneficiarios ós menores de tres anos, ós inmigrantes españois retornados ou ós dependentes por discapacidade mental ou psíquica. Nace, ademáis, a figura do ‘asistente persoal’, cuxo cometido será o facilitar unha maior autonomía ó dependente.


Voltar

Buscador

Se o desexa, pode utilizar o seguinte buscador para refinar a súa procura.

Ver calendario
Ver calendario

Fundación INLADI | Historiador Vedia, 23 baixo |15004 A Coruña | Tlf.: 981 269 433 Fax.: 981 928 510 | fundacioninladi@mundo-r.com | mapa web | aviso legal