[9]Ir a contenidos

Fundación INLADI

galego español
inicio dos contidos

Novas

Imagen 09-06-2010 Apuntate a nosa programación de verán 2010

Realizaremos un paseo ao longo da costa coruñesa para gozar da paisaxe, o tempo e a boa compañía. Contamos cunha embarcación adaptada para a travesía marítima de 2h. de navegación aproximadas. A Fundación INLADI, dentro da súa programación "Un mar para tod@s", dirixida a persoas con mobilidade reducida, participa no proxecto de navegación accesible, "Coruña desde o mar" en colaboración co Real Club Náutico da Coruña e Aspaym.

Terá inicio o mércores 30 de xuño, ás 16:30 horas, no Real Club Náutico. O calendario da actividade será todos os luns e/ou mércores ata setembro. Trátase de navegar nunha embarcación de motor adaptada a través da Ría da Coruña coa posibilidade de ir cun acompañante. O obxectivo é ofrecer lecer alternativo e accesible no entorno marino galego. A actividade proposta é de dúas horas de navegación.

A Fundación INLADI porá a disposición das persoas con discapacidade transporte adaptado -as prazas serán limitadas-. Todas aquelas persoas interesadas poderán obter máis información e inscribirse chamando á Fundación INLADI ao número 881 872 065.

Voltar

Buscador

Se o desexa, pode utilizar o seguinte buscador para refinar a súa procura.

Ver calendario
Ver calendario

Fundación INLADI | Río Mandeo 5, bajo izq. - Urb. A Barcala | 15660 Cambre | Tlf.: 881 872 065 Fax.: 981 928 510 | fundacioninladi@mundo-r.com | mapa web | aviso legal