Reserva de postos de traballo para persoas con discapacidade. R.D. 24/2000 disposición adicional 2ª.
Unha das medidas alternativas para as empresas que empreguen un número de traballadores de 50 ou máis e que están obrigadas a contratar polo menos un 2% de traballadores con discapacidade, consiste en realizar doazóns e accións de patrocinio, de caracter monetario, para o desenvolvemento de actividades de inserción laboral e creación de emprego para persoas con discapacidade.
A entidade beneficiaria destas accións ten que ser de utilidades pública, e que o seu obxecto social sexa, entre outros, a formación profesional, a inserción laboral ou a creación de emprego a favor de persoas con discapacidade. O importe das doazóns ha ser, polo menos, de 1,5 veces o SMI anual, por cada traballador con discapacidade deixado de contratar por debaixo da cota do 2%.