[9]Ir a contenidos

Fundación INLADI

galego español
inicio dos contidos

Quen somos

A Fundación INLADI é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas con discapacidade, que traballa con, por e para estas, dende o ano 2000.

Actualmente a Fundación INLADI conta no seu Patroato con catro persoas con discapacidade e cun grupo de voluntarios de 11 persoas, que se coordinan para desenvolver unha axeitada laboura coa intención primordial de cumprir cos obxectivos da Fundación.

A Fundación INLADI depende principalmente das aportacións e doazóns de empresas particulares, subvencións recibidas da Administración, tanto administracións locais, provinciais, autonómicas e estatais así como a posibilidade de acordar convenios ou financiamentos con entidades públicas ou privadas e/ou fundacións de carácter privado.

 

Rexistro de Fundacións de Interese Galego nº 2000/8.
DOG. 22 de Xuño.

Rexistro de Fundacións de Interese Social.
DOG. 19 de Abril do 2000.

Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Xunta de Galicia n. S-1299.

C.I.F. G-15729742.

Subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Linguística.

logoxunta

 


Fundación INLADI | Río Mandeo 5, bajo izq. - Urb. A Barcala | 15660 Cambre | Tlf.: 881 872 065 Fax.: 981 928 510 | fundacioninladi@mundo-r.com | mapa web | aviso legal