inicio dos contidos
Obxectivos
A Fundación INLADI ten como obxecto da súa laboura tres puntos a diferenciar:
- A procura da mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade a través da integración social e laboral das mesmas.
- A procura da mellora da calidade de vida dos colectivos de difícil inserción social, legalmente recoñecidos deste xeito pola normativa vixente, pretendendo a súa integración social e laboral.
- O fomento da creación de empresas clasificadas como Centros Especiais de Emprego, prestándolles asistencia técnica ou económica para o comezo da actividade ou apoiando a súa xestión para o acceso ás axudas reguladas.