[9]Ir a contenidos

Fundación INLADI

galego español
inicio dos contidos

Proyecto "Ocio para tod@s"

O tempo libre é preciso, pero hai que aprender a utilizalo, a enchelo de contido para desfrutar dun ocio de calidade. Así, a utilización do Ocio e do Tempo Libre polas persoas con discapacidade, vai ser indicador do grao de integración na sociedade. Na medida que utilicen os recursos comunitarios, establezan redes sociais fóra da familia, realicen actividades axeitades á súa idade, etc... poderemos dicir que comezaron o longo proceso de integración social.

Frecuentemente o tempo libre nas persoas con discapacidade, tende a verse limitado en parte polos seus impedimentos e en parte pola diferencia que supoñen con respecto aos demais.

É importante destacar, que esta poboación soe carecer duns servizos no ámbito do ocio e tempo libre que dea unha resposta axeitada e especializada ás súas características.

Así, e para mellorar esta situación, dende o mes de Xuño de 2006 estase desenvolvendo o proxecto denominado ‘Ocio para Tod@s’, que consiste na realización dunha serie de saídas-visitas na cidade de A Coruña, por diversas zonas de interese cultural e turístico, e concellos limítrofes, para persoas con discapacidade física usuarias de cadeiras de rodas, de xeito gratuíto para os usuarios, dispoñendo, para iso, de dous vehículos de transporte adaptado.

Para dar a coñecer o programa, elaboráronse carteis informativo-publicitarios e enviáronse a todas os centros cívicos e bibliotecas municipais da cidade, así como a outras entidades que traballan por, para e con as persoas con discapacidade física. Ademais tamén houbo contacto telefónico con persoas usuarias de cadeiras de rodas e as súas familias, que puideran estar interesados en participar no programa que nos ocupa.

Hasta o momento realizáronse saídas a:

Este proxecto vai seguir nos próximos meses tendo xa pensadas novas saídas a Lugo, á Casa do Home, á Casa das Ciencias e por petición dos participantes, á asistencia dun adestramento do Deportivo da Coruña.

 

VisitaalacuariodeLaCorua5

Visita ao acuario da Coruña

VisitaalacuariodeLaCorua1

Visita ao acuario da Coruña

VisitaalaTorredeHrcules2

Visita á Torre de Hércules 


Fundación INLADI | Río Mandeo 5, bajo izq. - Urb. A Barcala | 15660 Cambre | Tlf.: 881 872 065 Fax.: 981 928 510 | fundacioninladi@mundo-r.com | mapa web | aviso legal