[9]Ir a contenidos

Fundación INLADI

galego español
inicio dos contidos

Proxecto "Un mar para tod@s"

Até o de agora, as persoas con discapacidade física, e sobre todo, as persoas usuarias de cadeiras de rodas, non tiñan habitualmente ao seu alcance a posibilidade de acceder a unha embarcación adaptada, na que poder desfrutar dunha xornada no mar. Co proxecto que aquí estamos a presentar ofrecemos a posibilidade dun novo xeito do que poder desfrutar no tempo de lecer e ao mesmo tempo poder asistir a un evento cultural, tal como é a Regata Grandes Veleiros do 2006.

Para poñer en marcha este proxecto contamos coa posibilidade de utilizar tres embarcacións adaptadas ás necesidades dos beneficiarios, mais a necesidade de apoio de entidades privadas segue a ser precisa para poder acadar esta nova ambición que pretende mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade.

O obxectivo deste proxecto será o de estreitar lazos de unión entre persoas con discapacidade física, e o mesmo tempo dar a coñecer a navegación adaptada e ofrecer a posibilidade de que as persoas con discapacidade se afeccionen as actividades náutico deportivas (por ser unha gran ferramenta á hora de integrarse socialmente) demostrándolle así o resto da sociedade que as persoas con discapacidade poden facer unha vida normal e que todos debemos traballar para acadalo.

 

Comiteorganizador4

Comité organizador

Disfrutandodelmar13

Gozando do mar

Disfrutandodelmar6

Gozando do mar

Disfrutandodelmar9

Gozando do mar


Fundación INLADI | Río Mandeo 5, bajo izq. - Urb. A Barcala | 15660 Cambre | Tlf.: 881 872 065 Fax.: 981 928 510 | fundacioninladi@mundo-r.com | mapa web | aviso legal